Eleccións ao Reitorado da Universidade de Vigo

Debate cos candidatos ao Campus de Pontevedra

Data
Luns 27 de Abril

Hora
[hora_evento_24h]

Lugar
Casa das Campás

Interveñen
Serxio Barral, Sara Domínguez Lloria, José María Cancela e Marián Fernández Villarino

Prezo
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza un debate cos candidatos ao Reitorado da Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra.

O acto, moderado polo xornalista Serxio Barral, terá lugar o vindeiro luns 27 de abril ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade.

O Debate

En pleno proceso electoral para a remuda á fronte do Reitorado da Universidade de Vigo, o noso Ateneo organiza un debate para abordar os desafíos específicos do campus de Pontevedra nos anos vindeiros.

O acto contará coa participación das persoas candidatas á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra nas tres candidaturas e servirá para coñecermos as súas propostas en temas como a aposta por novas titulacións, a carencia dunha residencia pública de estudantes, o posible traslado da facultade de Belas Artes ou a relación da UdV co tecido asociativo e a sociedade pontevedresa en xeral.

Participantes

Sara Domínguez Lloria

Profesora de Didáctica da Expresión Musical.

Candidata a Vicerreitora no equipo de Belén Rubio (H2040).

José María Cancela

Catedrático do Departamento de Didácticas Especiais.

Candidato a Vicerreitor no equipo de Jacobo Porteiro (ConSenso).

Marián Fernández Villarino

Profesora na Área de Educación Física e Deportiva.

Candidata a Vicerreitora no equipo de Carmen García Mateo (Nós Universidade). 

Colabora

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Síguenos nas nosas redes: