
Data
Martes 12 de Maio
Hora
19:00 h
Lugar
Área acristalada, Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Interveñen
Buenaventura Aparicio Casado
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “Leonor Izquierdo, dona de Antonio Machado. A forxa dun mito” impartida polo historiador Buenaventura Aparicio Casado.
O acto, presentado por Alicia Esteban Crespo, terá lugar o vindeiro martes 12 de maio ás 19:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Resumo
A vida, o destino dos humanos ten un alto grao de incerteza. A relación de Leonor Izquierdo con Antonio Machado cambiou o guión do seu destino.
Unha relación e un casamento moi temperá –o poeta dobráballe sobradamente a idade.
Unha vida compartida durante tres anos, o último marcado pola enfermidade que a levou á tumba. Un viúvo desolado que lle dedica algunha das súas poesías máis inspiradas. O paso dos anos. A aparición de Pilar Valderrama –Guiomar– na vida de Antonio Machado. Posiblemente, para entón, Leonor era só un recordo diluído polo tempo.
Soria non esqueceu a Leonor. Converteuna na musa permanente de Antonio Machado e en símbolo da cidade. Intencionadamente, forxaron un mito.
O conferenciante
Buenaventura Aparicio Casado (Peñafiel, Valladolid, 1946) é doutor en Historia, antropólogo e escritor. Foi profesor no IES “Chan do Monte” de Marín e profesor titor nas facultades de Xeografía e Historia e Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED en Pontevedra ata a súa xubilación.
Fundou e coordinou o Grupo de Investigación Arqueolóxica e Etnográfica “A Laxe da Irena” en Ponte Caldelas. Foi presidente do Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén”.
Responsable da investigación antropolóxica nas escavacións da Lanzada (2010) e do xacemento da Pedra do Cervo (Ponte Caldelas) no ano 2012. Participou en numerosos congresos e impartiu cursos para o profesorado sobre temas da súa especialidade. Impartiu 144 conferencias e é autor de 156 publicacións, entre elas 16 libros.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.