
Data
Mércores 20 de Maio
Hora
19:00 h
Lugar
Casa das Campás
Interveñen
Mauro Lomba
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto Mauro Lomba dentro do ciclo A estirpe de Sesmero.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 20 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Mauro Lomba (1962)
Iníciase na práctica da profesión en Francia, e en 1996 abre en Pontevedra un estudo que mantén ininterrompidamente ata hoxe e que durante moitos anos compaxinou co espazo artístico Nemonon.
Ten obras en Madrid, Asturias e toda Galicia; entre estas, as Pousadas de Ribadumia e Armenteira.
Os xurados dos premios Gran de Area de aportación á arquitectura galardoárono en varias edicións.
Sobre o ciclo A estirpe de Sesmero
Propoñemos tres citas monográficas sobre a traxectoria e proxección, mesmo de alcance internacional, de tres figuras da arquitectura con selo pontevedrés, pertencentes a tres xeracións distintas. Serán relatorios ilustrados con imaxes das súas obras, e cargo dos protagonistas, profesionais que podemos ver como continuadores, no século XX e XXI, de Alejandro Rodríguez Sesmero, o grande arquitecto da Pontevedra do século XIX.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.