Manuel Bouzas

Conferencia de Manuel Bouzas

Data
Mércores 13 de Maio

Hora
19:00 h

Lugar
Casa das Campás

Interveñen
Manuel Bouzas

Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto Manuel Bouzas dentro do ciclo A estirpe de Sesmero.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 13 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Manuel Bouzas (1993)

Traballa a medio camiño entre Pontevedra e Nueva York, onde é profesor na Universidade de Cornell.

Recibiu o Premio ROOM Futuro e o Premio Princesa de Girona. En 2025 foi comisario do Pavillón Español na Bienal de Arquitectura de Venecia.

Reivindica unha construción ecoloxicamente eficiente e o uso preferente dos materiais da contorna onde se radican as obras.

Sobre o ciclo A estirpe de Sesmero

Propoñemos tres citas monográficas sobre a traxectoria e proxección, mesmo de alcance internacional, de tres figuras da arquitectura con selo pontevedrés, pertencentes a tres xeracións distintas. Serán relatorios ilustrados con imaxes das súas obras, e cargo dos protagonistas, profesionais que podemos ver como continuadores, no século XX e XXI, de Alejandro Rodríguez Sesmero, o grande arquitecto da Pontevedra do século XIX.

Colabora

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Síguenos nas nosas redes: