César Portela

Conferencia de César Portela

Data
Mércores 27 de Maio

Hora
19:00 h

Lugar
Casa das Campás

Interveñen
César Portela

Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto César Portela dentro do ciclo A estirpe de Sesmero.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 27 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade.

César Portela (1937)

A figura máis relevante da escena arquitectónica pontevedresa e galega das últimas seis décadas.

Conta con obra en toda España, Xapón, Venezuela ou Exipto, e premios como o Nacional de Arquitectura, o europeo Philippe Rothier ou o European urban and Regional planning do Consello de Europa.

Compartiu proxectos con Aldo Rossi, Arata Isozaki ou Ricardo Bofill.

Sobre o ciclo A estirpe de Sesmero

Propoñemos tres citas monográficas sobre a traxectoria e proxección, mesmo de alcance internacional, de tres figuras da arquitectura con selo pontevedrés, pertencentes a tres xeracións distintas. Serán relatorios ilustrados con imaxes das súas obras, e cargo dos protagonistas, profesionais que podemos ver como continuadores, no século XX e XXI, de Alejandro Rodríguez Sesmero, o grande arquitecto da Pontevedra do século XIX.

Colabora

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Síguenos nas nosas redes: