
Data
Mércores 15 de Abril
Hora
[hora_evento_24h]
Lugar
Casa das Campás
Interveñen
Gerardo Lorenzo e Ana Acuña
Acceso
Entrada libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia arredor da figura de Sabino Torres, onde participan Gerardo Lorenzo, editor e analista e mais Ana Acuña, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, dentro do ciclo Figuras Pontevedresas.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 15 de abril ás 19:00 horas, na Casa das Campás.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Sobre Sabino Torres
Comezou a súa actividade periodístina en 1943 na revista Finisterre con Emilio Canda Pérez e Celso Emilio Ferreiro. En 1949 editou a colección de poesía Benito Soto con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira que tivo 17 publicacións. En 1953 fundou o seminario Litoral e en 1992 a colección poética Hipocampo Amigo con Emilio Álvarez e dende 1952 foi membro da RAG. Ten unha extensa obra escrita tanto en galego como en castelán.
Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas
Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.