
Data
Mércores 21 de Outubro
Hora
19:00
Lugar
Biblioteca Pública Antonio Odriozola
Interveñen
Xavier del Valle-Inclán Alsina, Ángeles Tilve Jar e Pilar Fernández Ruiz
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza unha conferencia arredor da figura de Mercedes Alsina.
O acto, no que participarán Xavier del Valle-Inclán Alsina, Ángeles Tilve Jar e Pilar Fernández Ruiz, terá lugar o vindeiro mércores 21 de outubro ás 19:00 horas na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Mercedes Alsina
Mercedes Alsina Gómez-Ulla (Santiago de Compostela, 1917). Licenciada en Filosofía e Letras, prestou servizos na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela antes de aprobar as oposicións ao Corpo Facultativo de Bibliotecas e Arquivos e ser destinada á Biblioteca Pública de Pontevedra, onde traballou ata a súa xubilación. Foi a autora, entre outras publicacións, do catálogo da biblioteca de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Xavier del Valle-Inclán Alsina
Xavier del Valle-Inclán Alsina tamén foi bibliotecario, en diferentes universidades, ata asentarse definitivamente na Biblioteca Central da Universidade de Santiago de Compostela, onde se xubilou recentemente.
Ángeles Tilve Jar
Ángeles Tilve Jar, licenciada en Xeografía e Historia pola universidade de Santiago de Compostela, conservadora de arte, e desde 2023 directora do Museo de Pontevedra.
Pilar Fernández Ruiz
Pilar Fernández Ruiz, directora da Biblioteca Pública Antonio Odriozola. Antes de asumir a dirección desta biblioteca exerceu como bibliotecaria no Arquivo do Reino de Galicia, na Biblioteca do Museo de Pontevedra e na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.
Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas
Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.