Conferencia "A guerra en Europa e nós. Antecedentes e consecuencias"
Data
Venres 5 de Decembro
Hora
[hora_evento_24h]
Lugar
Paraninfo IES Valle-Inclán
Interveñen
Joan Garcés
Acceso
Entrada libre ata completar capacidade
O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “A guerra en Europa e nós. Antecedentes e consecuencias“impartida polo avogado Joan Garcés.
O acto erá lugar o vindeiro venres 5 de decembro ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Doutor en ciencias políticas, licenciado en dereito e profesor de relacións internacionais.
Experto da ONU e a UNESCO en desenvolvemento social.
Amigo persoal de Salvador Allende, foi invitado polo mesmo para formar parte do seu equipo de traballo durante a campaña electoral de 1970. Sobreviviu ao golpe de Estado do 11 de setembro de 1973 contra o Palacio da Moneda.
Tras o golpe militar de Augusto Pinochet trasladouse a Francia, onde en 1974 participou na elaboración do “programa común da esquerda” que levaría a François Mitterrand á presidencia de dito país. En 1975 ingresou no Partido Socialista do País Valenciá e en 1978 formou parte da Sección do PSOE de París.
Foi investigador asociado en París e Washington e profesor das Universidades de Lovaina, da dos Andes de Bogotá, e da Autónoma de Madrid.
Dende 1996 dirixiu o grupo de avogados da acusación particular contra Augusto Pinochet por torturas, terrorismo e xenocidio, que en 1998 logrou deter e xuzgar ao dictador chileno en Inglaterra.
En 1999 recibiu o Right Livelihood Award, premio Nobel alternativo por parte do Parlamento de Suecia e no 2000 o presidente da República de Francia honrouno coa Orde de Oficial Nacional de Mérito de Francia polas súas contribucións ao Dereito Internacional na loito contra a impunidade das ditaduras.