
Data
Venres 11 de Setembro
Hora
19:00 h
Lugar
Paraninfo IES Valle-Inclán
Interveñen
Carmen Prieto e Tito Cerda
Prezo
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra colabora na organización do concerto “Homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos” da cantante e actriz chilena Carmen Prieto acompañada polo guitarrista Tito Cerda.
O acto, no que tamén participarán como artistas invitados Míriam Ferradáns e Xaime Toxo, terá lugar o vindeiro venres 11 de setembro ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos
53 anos despois do golpe militar de Augusto Pinochet, Carmen Prieto ofrecerá para nós un concerto de homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos, acompañada polo guitarrista Tito Cerda.
Este concerto de Pontevedra foma parte dunha xira por Galicia que conta co apoio do ministerio de las Culturas, las Artes y el Patrimonio do Goberno de Chile.
Carmen Prieto
Cantante e actriz chilena. Filla dunha avogada e dun violinista da Orquestra Sinfónica de Chile, a súa carreira musical desenvólvese desde finais dos anos 1980, e levouna o ofrecer concertos en moitos escenarios americanos e españois, presentando nomeadamente boleros e valses.
En dúas ocasións recibiu o premio da Asociación de Periodistas de Espectáculos de Chile á mellor intérprete popular: en 1993 polo seu disco “Me desordeno”, e en 2000 por “Deseos y encantos”. En 2004, participou na miniserie documental De Neftalí a Pablo, una historia de Pablo Neruda.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.