O mono desperto

Unha conversa con Emiliano Bruner sobre evolución humana e meditación

Charla con Emiliano Bruner

Data
Martes 14 de Abril

Hora
19:00

Lugar
Casa das Campás

Interveñen
Emiliano Bruner e Chema Heras

Acceso
Entrada libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a charla “O mono desperto. Unha conversa con Emiliano Bruner sobre evolución humana e meditación” do biólogo Emiliano Bruner, presentada por Chema Heras.

O acto terá lugar o vindeiro martes 14 de abril ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade.

A conversa

A charla xirará arredor de La maldición del hombre mono, un libro co que Emiliano Bruner quere axudarnos a entender unha  das consecuencias do proceso evolutivo do ser humano: a angustia existencial, unha experiencia vital que pode atopar na meditación unha boa vía para atopar a calma: “A mente que nos ata é a mesma mente que nos libera”, dinos Bruner.

Emiliano Bruner

Graduado en Bioloxía e doutorado en Bioloxía Animal pola Universidade La Sapienza de Roma, foi responsable de investigación, entre 2007 e 2024, do Grupo de Paleoneurobioloxía de Homínidos do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) de Burgos.

Desde 2024 é investigador en paleoneurobioloxía no Museo Nacional de Ciencias Naturais do Consello Superior de Investigacións Científicas (MNCN-CSIC) e investigador afiliado do Centro de Investigación de Enfermidades Neurolóxicas (CIEN), en Madrid.

Colabora

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Síguenos nas nosas redes: