
Data
Mércores 23 de Setembro
Hora
19:00 h
Lugar
Paraninfo IES Valle-Inclán
Intervén
Xabier Díaz
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla do cantante e compositor Xabier Díaz titulada “A Percusión“, dentro do ciclo O Poder do Folk.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 23 de setembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Xabier Díaz
Xabier Díaz (A Coruña,1969). Cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, fixo parte da asociación Xacarandaina, Rumbadeira, Nova Galega de Danza e Berrogüetto.
En 2015 editou o multipremiado The tambourine man xunto ás Adeufeiras de salitre, ao que logo se sumaron os discos Noró (2018), As catedrais silenciadas (2020) e Axúdame a sentir (2024). En 2022, en solitario, presentou Levantarse e caer.
Sobre o ciclo O Poder do Folk
O Folk, nas súas variadas expresións, moveu no pasado e segue a mover no presente, na Galicia territorial e nos principais focos da emigración galega histórica, moitos milleiros de persoas.
Soamente música, ou tamén música e baile… Grupos tradicionais, coros e rondallas; bandas que hibridan as múltiples linguaxes do país en fértil diálogo con ritmos procedentes doutras latitudes e estilos.
Ante esta realidade de gran puxanza, na cultura galega de hoxe, ofrecemos tres charlas, en tres mércores consecutivos do mes de setembro de 2026, a cargo de tres das figuras de referencia na escena da nosa música de raíz. Servirán para trazar unha panorámica da realidade presente da música máis nosa e dos camiños e desafíos que se lle ofrecen nas vindeiras décadas.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.