Charla de Óscar Ibáñez

Data
Mércores 16 de Setembro

Hora
19:00 h

Lugar
Paraninfo IES Valle-Inclán

Intervén
Óscar Ibáñez

Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla do gaiteiro Óscar Ibáñez titulada “A Gaita“, dentro do ciclo O Poder do Folk.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 16 de setembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Óscar Ibáñez

Óscar Ibáñez (Poio, 1976). É un gaiteiro e frautista con máis de 20 anos de traxectoria artística internacional.

Mestre en educación musical, especialista universitario en música tradicional galega e en arquivística, ademais de máster en xestión da documentación musical.

Participou en máis de 20 traballos discográficos, entre os que destacan os seus discos en solitario Alén do mar (2012) e Aires de Pontevedra (2017).

Sobre o ciclo O Poder do Folk

O Folk, nas súas variadas expresións, moveu no pasado e segue a mover no presente, na Galicia territorial e nos principais focos da emigración galega histórica, moitos milleiros de persoas.

Soamente música, ou tamén música e baile… Grupos tradicionais, coros e rondallas; bandas que hibridan as múltiples linguaxes do país en fértil diálogo con ritmos procedentes doutras latitudes e estilos.

Ante esta realidade de gran puxanza, na cultura galega de hoxe, ofrecemos tres charlas, en tres mércores consecutivos do mes de setembro de 2026, a cargo de tres das figuras de referencia na escena da nosa música de raíz. Servirán para trazar unha panorámica da realidade presente da música máis nosa e dos camiños e desafíos que se lle ofrecen nas vindeiras décadas.

Colabora

IES Valle-Inclán
 

Síguenos nas nosas redes: