Begoña Caamaño, o pracer da rebeldía

Conferencia de Marga do Val

Data
Mércores 29 de Abril

Hora
[hora_evento_24h]

Lugar
Biblioteca IES Valle-Inclán

Interveñen
Marga do Val

Prezo
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Begoña Caamaño, o pracer da rebeldía” impartida pola escritora Marga do Val.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril ás 19:00 horas, na Biblioteca do IES Valle-Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Conferencia

Begoña Caamaño (Vigo, 1964-Santiago 2014), a autora homenaxeada en 2026 no Día das Letras Galegas foi autora das novelas Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle (no seu momento, premio da Crítica Española e premio Losada Diéguez, entre outros), e desde 1989 e ata o seu pasamento exerceu como xornalista nas seccións de cultura e sociedade dos informativos da Radio Galega.

Marga do Val

É escritora, crítica literaria e tradutora. Autora de poesía, ensaio, novela e teatro, obtivo a licenciatura en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola universidade de Santiago.

Entre 1995 e 2005 exerceu como profesora de lingua e literatura española na universidade de Tréveris (Alemaña). Colabora en varias revistas e publicacións, como Nós Diario, Grial, Festa da palabra silenciada e A Nosa Terra.

Colabora

IES Valle-Inclán

Síguenos nas nosas redes: