
Data
Venres 6 de Marzo
Hora
[hora_evento_24h]
Lugar
Área acristalada, Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Interveñen
Antón Baamonde, Xosé Hermida e Teresa Táboas
Acceso
Entrada libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Agora non é antes do ensaísta Antón Baamonde, editado pola Editorial Galaxia.
O acto, no que participarán Xosé Hermida (xornalista de El País), Teresa Táboas (arquitecta e vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura) e Antón Baamonde (profesor de filosofía e ensaísta), terá lugar o vindeiro venres 6 de marzo ás 19:00 horas, na área acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Resumo
Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar as retóricas da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible, é o que propón este libro.
Galicia está acabando a gran trasnformación que se produciu no último medio século e, á vez, entrando nun momento crucial da súa historia. Na acelerada e tormentosa inflexión mundial que se está producindo haberá unha nova oportunidade? Sería posible que o fenimenal cambio económico e social que viviu Galicia nas últimas décadas abrise o camiño a unha transformación política e cultural? Sería posible un camiño propio, un modelo de modernización coherente, unha nova narrativa colectiva? Sería posible, indo máis aló, unha Galicia que axude a construír unha España policéntrica e un pacto federal, integrada na UE?
O Autor
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.