
Data
Luns 30 de Novembro
Hora
19:00 h
Lugar
Paraninfo IES Valle-Inclán
Intervén
Xosé Luís Barreiro, Miguel Anxo Bastos, Nieves Lagares Díez e Xosé Rúas Araújo
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza unha mesa redonda para analizar os resultados electorais do vindeiro 29 de novembro.
O acto, no que intervirán Xosé Luís Barreiro, Miguel Anxo Bastos, Nieves Lagares Díez e Xosé Rúas Araújo, terá lugar o luns 30 de novembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Xosé Luís Barreiro
Licenciado en Filosofía, Ciencias políticas e Socioloxía. Exprofesor da Ciencia Política da Universidade de Santiago. Articulista.
Miguel Anxo Bastos
Economista, politólogo e conferenciante. Profesor de Ciencia Política da Universidade de Santiago.
Nieves Lagares Díez
Doutora en ciencia política, ensaísta e conferenciante. Profesora de Ciencia Política da Universidade de Santiago.
Xosé Rúas Araújo
Doutor en comunicación e investigador. Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade de Vigo.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.