Sesións
luns 9 novembro
luns 16 novembro
luns 23 novembro
luns 30 novembro (con Emiliano Bruner)
luns 14 de decembro
Horario das sesións
19:00 – 20:30 h
Lugar
Fundación Manuel Moldes
Acceso
Persoas inscritas no curso
Inscricións
info@ateneodepontevedra.gal
Custo da actividades
– socios: 25 €
– non socios: 50 €

O Ateneo de Pontevedra, en colaboración co grupo “Meditación entre amigos”, pon en marcha un programa de “Iniciación á meditación”, coa idea de crear un punto de encontro para persoas que queiran adestrar a atención, entre outras habilidades cognitivas, e comprender mellor como sentimos, como pensamos e como actuamos.
Esta proposta xorde do interese suscitado pola conferencia «Atención e Meditación», impartida a pasada temporada no Ateneo polo neurobiólogo Emiliano Bruner.
A actividade desenvolverase en modalidade combinada virtual e presencial: as sesións de práctica meditativa diarias serán de forma virtual e os encontros semanais (luns pola tarde) serán presenciais. O primeiro encontro será o 9 de novembro.
O programa comeza cun curso inicial de 4 semanas e queda aberta a posibilidade de amplialo en xaneiro de 2027, con outro curso xa de 6 semanas. O propio Emiliano Bruner participará no encontro do luns día 30 de novembro coas persoas inscritas.
Este actividade terá un mínimo de 10 participantes e un máximo de 25, e será coordinada por Chema Heras e Pilar Martínez, membros do grupo “Meditación entre amigos”.
Para unha información máis detallada do programa, pincha aquí.
Período de inscrición
– prioritario (exclusivo para socios): ata o sábado 31 de outubro. Admisión por orde de inscrición.
– non socios (de non cubrirse o tope de 25 participantes só con socios): dende o domingo 1 de novembro ata o xoves 5 de novembro.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.