Eleccións ao Reitorado da Universidade de Vigo

O futuro do campus universitario de Pontevedra protagonizou o debate organizado polo Ateneo, e moderado polo xornalista Serxio Barral, entre os tres candidatos á vicerreiroría en cada unha das listas que aspiran a rexer o destino da universidade de Vigo nos vindeiros seis anos.

A oito días das eleccións na UdV, o acto serviu para que Sara Domínguez Lloria, Chema Cancela e Marián Fernández Villarino confrontasen os seus programas, coas súas respostas para desafíos como as novas titulacións, o déficit de infraestruturas ou a relación do campus coa cidade e o seu tecido asociativo. 

Síguenos nas nosas redes: