Desmontando a "lenda romántica" dun pirata

O escritor Juan Campos Calvo-Sotelo, acompañado por Manuel García-Lastra, e ante un numoroso público, presentou o seu libro “Benito Soto, terror en la mar” (editorial Cartamar) nun acto organizado polo Ateneo coa colaboración do Liceo Casino.

Achegando un bo número de documentos inéditos, e outros traducidos por primeira vez ao castelán, Campos desmonta algunhas falsas historias sobre aquel personaxe pontevedrés. Por exemplo, que fose o derradeiro pirata fos mares, aínda que si foi o máis famoso. E tamén desmentiu que rebautizase o barco portugués no que se enrolara como contramestre, tras sublevarse a bordo, como Burla Negra, cando o certo é que non deixou de chamarse O Defensor de Pedro.

Campos lembrou igualmente que nunca chegou a confirmarse a localización do tesouro do pirata na Casa das Campás, ou na illa de Tambo, aínda que si se sabe que no seu momento o desembarcou en Pontevedra.

O estudoso afirmou que, máis alá da lenda romántica e mesmo a simpatía con que ás veces é recordado na actualidade, o pirata Soto foi “un criminal tremendamente cruel”, razón pola cal rematou a súa vida aforcado polos ingleses en Xibraltar.

Síguenos nas nosas redes: