Conferencia de Tereixa Constenla

A escritora e xornalista Tereixa Constenla, correspondente de El País en Lisboa durante esta década e autora de Abril é un país (editado por Kalandraka en galego e portugués), estivo no Ateneo para falar dos heroísmos descoñecidos na Revolución dos Caraveis.

O recordo do tempo  que mudou a realidade en Portugal en 1974 terá continuidade este 25 de abril co concerto “Lembrando o Zeca, cantando o Grândola”, a cargo da banda Loaira, que interpretará unha escolla das grandes cancións de José Afonso, e rematará cantando cos asistentes “Grândola, vila morena”, a creación que no seu momento puxo en marcha a mobilización pacífica que serviu para fundar o Portugal democrático e moderno.

Síguenos nas nosas redes: