Conferencia de Jesús Núñez Villaverde

Onte colgamos o cartel de “Aforo completo” no Paraninfo do IES Valle-Inclán no inicio do ciclo “Tambores de guerra”.

Comezamos este ciclo coa conferencia de Jesús Núñez Villaverde:  “O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea”.

Damos as grazas ao Instituto pola súa colaboración e pola cesión do espazo, así como a todas as persoas que se achegaron para acompañarnos.

A próxima semana temos a segunda das conferencias deste ciclo: “Está Europa en perigo?” da man de José Enrique de Ayala. Será o vindeiro xoves 12.

Síguenos nas nosas redes: