Mulleres nas sombras. Leonor Izquierdo

Buenaventura Aparicio Casado ofreceu, nun acto organizado polo Ateneo de Pontevedra no Museo de Pontevedra, un interesante achegamento a unha desas figuras que a historia deixa ensombrecidas por estar a carón dun personaxe masculino e recoñecido polo seu labor intelectual e creativo como foi Antonio Machado.

Leonor Izquierdo, a rapaza que casou co autor de ‘Campos de Castilla’, dezanove anos menor ca el, foi no pouco tempo de vida que ambos compartiron pola prematura morte dela, unha inspiración para algúns dos máis fermosos poemas do sevillano incluídos nese título emblemático da poesía española. Tanto Leonor Izquierdo como a propia cidade de Soria, formaban unha unidade sentimental que marcou para sempre a quen rematou os seus días en Colliure en 1939, mentres España se desangraba e deixaba a tumba do poeta como un dos símbolos dese enfrontamento fratricida e do exilio español.

Unha palestra que revelou esa importancia feminina e permitiu a Buenaventura Aparicio facer un percorrido por un dos nomes esenciais da cultura española do século XX.

Síguenos nas nosas redes: