
Xorde en 2017 como iniciativa de colaboración entre ASAEXS (Asociación alumnado e exalumnado sénior da UVigo, Campus de Pontevedra) e o propio Ateneo, co propósito de ler e comentar obras literarias e coa participación de 25 integrantes. Celebra unha xuntanza mensual e en moitas ocasións cóntase coa presenza dos propios autores.
Ao longo destes anos debateuse sobre obras dunha nómina que inclúe as principais figuras da escena pontevedresa e galega e grandes nomes das letras españolas e universais, como Stefan Zweig, Eça de Queiroz, Lucía Berlín, Annie Ernaux ou Chaves Nogales.
Coordina o club a socia Carmela Lazcano.
Obra:
Contos de amor, de tolemia e de morte
Autor:
Horacio Quiroga



Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.