Palestra moderada por Luis Velasco: “Volve o servizo militar?”
Volve o servizo militar? Palestra: “Volve o servizo militar?” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Modera Luis Velasco Martínez Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a palestra “Volve o servizo militar?” moderada polo profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, Luis Velasco Martínez e na que participan representantes das organizacións xuvenís dos partidos: Alba Quiroga Veiga (Galiza Nova), Alberto Ledo Álvarez (Xuventudes Socialistas) e Guillermo Juncal Peñas (Novas Xeracións). O acto terá lugar o vindeiro martes 17 de marzo ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. Luis Velasco Martínez Profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo. Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese “A Nación Marcial Servizo Militar Obrigatorio e educación patriótica en España, 1898-1982” (2020). Alba Quiroga Veiga Milita en Galiza Nova e, dende 2023, é responsábel da zona de Erguer en Pontevedra. Dende o ano 2024 cursa 2º de Bacharelato na súa cidade natal. Alberto Ledo Álvarez Secretario xeral das Xunventudes Socialistas de Pontevedra dende 2023. Técnico en Administración e Finanzas. Guillermo Juncal Peñas Presidente de Novas Xeracións de Pontevedra dende 2018. Graduado en Dereito (USC) e Máster en Avogacía (UVigo). Xogador, directivo e adestrador de categorías inferiores no Mareantes Rugby Club Pontevedra e tamén seleccionador galego de rugby. Sobre o ciclo Tambores de guerra Hai catro anos Rusia invade parte de Ucrania e iso fai que Europa volva vivir unha guerra dentro das súas fronteiras. En xaneiro de 2026, os Estados Unidos de Donald Trump atacan militarmente Venezuela e secuestran o seu presidente. Ademais, o presidente norteamericano desiste de manter o liderado do seu país na OTAN e a Unión Europea enfróntase ao dilema de avanzar no asunto permanentemente adiado da organización da súa estratexia de defensa. Fálase de investimentos nunca vistos para dotarse dun arsenal militar de disuasión e de aumentar as tropas, mesmo recuperando o servizo militar; de momento, nos primeiros países en promovelo, voluntario. Colabora IES Valle-Inclán volver á axenda
Conferencia “Está Europa en perigo?” de José Enrique de Ayala
Está Europa en perigo? Conferencia: “Está Europa en perigo?” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “Está Europa en perigo?” impartida polo xeneral retirado José Enrique de Ayala, dentro do ciclo Tambores de Guerra. O acto terá lugar o vindeiro xoves 12 de marzo ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. Está Europa en perigo? A guerra en Ucraína e o seu incerto resultado, xunto coa indiferenza do presidente dos Estados Unidos cara á OTAN e a súa aberta hostilidade cara á Unión Europea, produciron unha certa psicose de perigo inminente en moitos países europeos. Isto traduciuse nunha actitude belicosa e na decisión de emprender un rearme masivo, o que probablemente resultará en menos recursos para políticas sociais. Esta situación suscita moitas preguntas cuxas respostas terán repercusións significativas para o futuro dos europeos: Está Europa realmente en perigo? É necesario o aumento exponencial do orzamento de defensa que esixe a OTAN? Que influencia ten a actitude de Trump na seguridade europea? É necesario e viable organizar unha defensa europea autónoma e autosuficiente? José Enrique de Ayala Xeneral de Brigada retirado, membro do Consello de Seguridade e Defensa da Fundación Alternativas, do Consello Asesor do Observatorio de Política Exterior e do Consello de Asuntos Europeos. Sobre o ciclo Tambores de guerra Hai catro anos Rusia invade parte de Ucrania e iso fai que Europa volva vivir unha guerra dentro das súas fronteiras. En xaneiro de 2026, os Estados Unidos de Donald Trump atacan militarmente Venezuela e secuestran o seu presidente. Ademais, o presidente norteamericano desiste de manter o liderado do seu país na OTAN e a Unión Europea enfróntase ao dilema de avanzar no asunto permanentemente adiado da organización da súa estratexia de defensa. Fálase de investimentos nunca vistos para dotarse dun arsenal militar de disuasión e de aumentar as tropas, mesmo recuperando o servizo militar; de momento, nos primeiros países en promovelo, voluntario. Colabora IES Valle-Inclán volver á axenda
Conferencia “O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea” de Jesús Núñez Villaverde
O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea Conferencia: “O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea” impartida polo economista Jesús Núñez Villaverde, dentro do ciclo Tambores de Guerra. O acto terá lugar o vindeiro xoves 5 de marzo ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea O regreso de Donald Trump está a acelerar o colapso da orde internacional vixente, mostrando abertamente a disfuncionalidade do marco institucional e normativo creado desde o final da II Guerra Mundial. Así mesmo, a proliferación de conflitos violentos e a competencia entre Estados Unidos e China pola hexemonía planetaria non fai máis que incrementar a inquietude e a incerteza a escala global. A Unión Europea pugna neste escenario por atopar o seu lugar, enfrontado a unha dobre ameaza (Rusia e EE UU) e lonxe aínda de lograr a súa autonomía estratéxica. Jesús Núñez Villaverde Economista pola Universidade Autónoma de Madrid e militar retirado (comandante na reserva), é codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria e especialista en temas de seguridade, construción da paz e prevención de conflitos. Sobre o ciclo Tambores de guerra Hai catro anos Rusia invade parte de Ucrania e iso fai que Europa volva vivir unha guerra dentro das súas fronteiras. En xaneiro de 2026, os Estados Unidos de Donald Trump atacan militarmente Venezuela e secuestran o seu presidente. Ademais, o presidente norteamericano desiste de manter o liderado do seu país na OTAN e a Unión Europea enfróntase ao dilema de avanzar no asunto permanentemente adiado da organización da súa estratexia de defensa. Fálase de investimentos nunca vistos para dotarse dun arsenal militar de disuasión e de aumentar as tropas, mesmo recuperando o servizo militar; de momento, nos primeiros países en promovelo, voluntario. Colabora IES Valle-Inclán volver á axenda