Lembrando a Mercedes Alsina

Lembrando a Mercedes Alsina Data Hora19:00  Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza unha conferencia arredor da figura de Mercedes Alsina. O acto, no que participarán Xavier del Valle-Inclán Alsina,  Ángeles Tilve Jar e Pilar Fernández Ruiz, terá lugar o vindeiro mércores 21 de outubro ás 19:00 horas na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade. Mercedes Alsina Mercedes Alsina Gómez-Ulla (Santiago de Compostela, 1917). Licenciada en Filosofía e Letras, prestou servizos na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela antes de aprobar as oposicións ao Corpo Facultativo de Bibliotecas e Arquivos e ser destinada á Biblioteca Pública de Pontevedra, onde traballou ata a súa xubilación. Foi a autora, entre outras publicacións, do catálogo da biblioteca de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Xavier del Valle-Inclán Alsina Xavier del Valle-Inclán Alsina tamén foi bibliotecario, en diferentes universidades, ata asentarse definitivamente na Biblioteca Central da Universidade de Santiago de Compostela, onde se xubilou recentemente. Ángeles Tilve Jar Ángeles Tilve Jar, licenciada en Xeografía e Historia pola universidade de Santiago de Compostela, conservadora de arte, e desde 2023 directora do Museo de Pontevedra. Pilar Fernández Ruiz Pilar Fernández Ruiz, directora da Biblioteca Pública Antonio Odriozola. Antes de asumir a dirección desta biblioteca exerceu como bibliotecaria no Arquivo do Reino de Galicia, na Biblioteca do Museo de Pontevedra e na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo. Colabora IES Valle-Inclán  volver á axenda

Conferencia arredor da figura de Sabino Torres

Sabino Torres Conferencia arredor da figura de Sabino Torres Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia arredor da figura de Sabino Torres, onde participan Gerardo Lorenzo, editor e analista e mais Ana Acuña, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, dentro do ciclo Figuras Pontevedresas. O acto terá lugar o vindeiro mércores 15 de abril ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. Sobre Sabino Torres Comezou a súa actividade periodístina en 1943 na revista Finisterre con Emilio Canda Pérez e Celso Emilio Ferreiro. En 1949 editou a colección de poesía Benito Soto con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira que tivo 17 publicacións. En 1953 fundou o seminario Litoral e en 1992 a colección poética Hipocampo Amigo con Emilio Álvarez e dende 1952 foi membro da RAG. Ten unha extensa obra escrita tanto en galego como en castelán. Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo. Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda

Conferencia “Engracia Vidal Estévez: cristiá, galega e feminista”

Engracia Vidal Estévez Cristiá, galega e feminista Conferencia: “Engracia Vidal Estévez. Cristiá, galega e feminista” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “Engracia Vidal Estévez. Cristiá, galega e feminista“, impartida por Marisa Vidal Collazo (profesora do IES Torrente Ballester e teóloga feminista) e Pilar Wirtz Molezún (Relixiosa da Compañía de María, amiga de Engracia e teóloga), dentro do ciclo Figuras Pontevedresas. O acto terá lugar o vindeiro mércores 25 de marzo ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. Engracia Vidal Licenciada en historia e diplomada en teoloxía, foi relixiosa do Sagrado Corazón e directora do Colexio de Praceres. Despois de deixar os hábitos foi profesora no IES A Xunqueira de Pontevedra. Animou a formación de Revista Encrucillada, da que foi Secretaria da Mesa de Redacción entre 1974 e 2003. Mantívose moi activa impartindo charlas e publicando artigos na prensa, en Encrucillada e na revista Irimia. Participou na posta en marcha da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria en 1996, formando parte do equipo coordinador. É autora do primeiro libro de teoloxía feminista en galego: Por unha Igrexa tamén feminina, (Ed. Encrucillada, 2000) Foi voceira de Mulleres Cristiás Galegas Exeria na Concellaría da Muller do Concello de Pontevedra, participando activamente nos inicios da Marcha Mundial das Mulleres na nosa cidade. Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo. Colabora Vicerreitoría de Pontevedra volver á axenda

Conferencia “Homenaxe a Aniceto Núñez García”

Homenaxe a Aniceto Núñez García Conferencia: “Homenaxe a Aniceto Núñez García” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Prezo O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Homenaxe a Aniceto Núñez” arredor da figura de Aniceto Núñez García, coordinada polo xornalista Rafael López Torre e na que participan o médico Fernando Filgueira, Valentín Carreza e membros da Tertulia del Blanco y Negro, dentro do ciclo Figuras Pontevedresas. O acto terá lugar o vindeiro martes 24 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11). A entrada é libre ata completar capacidade. Aniceto Núñez Catedrático de Filosofía, foi directivo de Construcción San José, exconselleiro de Educación da Xunta de Galicia e autor de importantes ensaios. Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo.  Colaboran Vicerreitoría de Pontevedra volver á axenda

Conferencia “Alfonso Zulueta de Haz: a procura da Nación”

Alfonso Zulueta de Haz: a procura da Nación Conferencia: “Alfonso Zulueta de Haz: a procura da Nación” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Alfonso Zulueta de Haz: a procura da Nación“, arredor da figura de Alfonso Zulueta de Haz e impartida por Xaime Toxo e Xosé Enrique Acuña dentro do ciclo Figuras Pontevedresas. O acto terá lugar o vindeiro mércores 11 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. Sobre Zulueta Notario de profesión, foi un dos fundadores do Ateneo de Pontevedra, presidente do Partido Galego Social Demócrata, do Consello da Cultura Galega e da Fundación Penzol e da Editorial SEPT, así como vicepresidente de Editorial Galaxia. Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo. Colabora Vicerreitoría de Pontevedra  volver á axenda

Síguenos nas nosas redes: