Relatorio: “O problema da vivenda”

O problema da vivenda Relatorio de Javier Burón Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan o relatorio O problema da vivenda do avogado Javier Burón dentro do ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible? O acto terá lugar o vindeiro mércores 7 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal). A entrada é libre ata completar capacidade. Javier Burón Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, e Máster en Asesoría Fiscal e mais en Business Administration. Foi consultor en políticas e servizos públicos e avogado especializado en dereito público (Cuatrecasas Gonçalves Pereira), e mais viceconselleiro de Vivenda do Goberno Vasco e xerente de Vivenda no concello de Barcelona. Actualmente é director xerente de NASUVINSA, empresa pública de solo industrial, vivenda e cohesión territorial do Goberno de Navarra. É autor do libro El problema de la vivienda. Cómo desactivar la bomba de relojería que amenaza con colapsar España. Sobre o ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible? O artigo 47 da Constitución recoñece o dereito fundamental de todos os españois a desfrutar dunha vivenda digna e axeitada, obrigando os poderes públicos a promover as condicións necesarias para facelo efectivo, regular o uso do solo para evitar especulacións e asegurar a participación comunitaria nas plusvalías urbanísticas. Con todo, os prezos da compra e do aluguer semellan non ter freo e as medidas aprobadas polo Goberno e as comunidades autónomas non acaban de ter un impacto que permita albiscar unha mellora. Así as cousas, as enquisas dos últimos tempos, non só en Galicia e no resto do Estado, senón tamén en gran parte de Europa, revelan que a vivenda é a primeira preocupación para a maioría dos cidadáns e das familias. É o momento de preguntarse: a vivenda, un dereito ou un imposible? Colabora Deputación de Pontevedra  volver á axenda

Palestra: “Vender, alugar, mercar”

Vender, alugar, mercar Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan a palestra titulada “Vender, alugar, mercar” na que participarán a traballadora social Pepa Vázquez e o promotor inmobiliario Javier Garrido Valenzuela dentro do ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible?. O acto, moderado polo xornalista Serxio Barral, terá lugar o vindeiro mércores 14 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal). A entrada é libre ata completar capacidade. Pepa Vázquez Traballadora Social e Terapeuta Gestalt. Coordinadora da asociación de inclusión social Boa Vida desde hai 14 anos e promotora dos programas de vivenda, “Vida acompañada” e “Fogares creativos”. O seu percorrido profesional está ligado ao acompañamento das persoas e á creación de contornas que favorezan vidas máis autónomas, significativas e conectadas coa comunidade. Javier Garrido Valenzuela Director dunha empresa de promoción inmobiliaria, preside a Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra (Aproin) dende 2007. Tamén foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra,  e membro do Consello Social da Universidade de Vigo en representación da Confederación de Empresarios de Pontevedra en 2012. Sobre o ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible? O artigo 47 da Constitución recoñece o dereito fundamental de todos os españois a desfrutar dunha vivenda digna e axeitada, obrigando os poderes públicos a promover as condicións necesarias para facelo efectivo, regular o uso do solo para evitar especulacións e asegurar a participación comunitaria nas plusvalías urbanísticas. Con todo, os prezos da compra e do aluguer semellan non ter freo e as medidas aprobadas polo Goberno e as comunidades autónomas non acaban de ter un impacto que permita albiscar unha mellora. Así as cousas, as enquisas dos últimos tempos, non só en Galicia e no resto do Estado, senón tamén en gran parte de Europa, revelan que a vivenda é a primeira preocupación para a maioría dos cidadáns e das familias. É o momento de preguntarse: a vivenda, un dereito ou un imposible? Colabora Deputación de Pontevedra  volver á axenda

Síguenos nas nosas redes: