Conferencia de Mauro Lomba
Mauro Lomba Conferencia de Mauro Lomba Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto Mauro Lomba dentro do ciclo A estirpe de Sesmero. O acto terá lugar o vindeiro mércores 20 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. Mauro Lomba (1962) Iníciase na práctica da profesión en Francia, e en 1996 abre en Pontevedra un estudo que mantén ininterrompidamente ata hoxe e que durante moitos anos compaxinou co espazo artístico Nemonon. Ten obras en Madrid, Asturias e toda Galicia; entre estas, as Pousadas de Ribadumia e Armenteira. Os xurados dos premios Gran de Area de aportación á arquitectura galardoárono en varias edicións. Sobre o ciclo A estirpe de Sesmero Propoñemos tres citas monográficas sobre a traxectoria e proxección, mesmo de alcance internacional, de tres figuras da arquitectura con selo pontevedrés, pertencentes a tres xeracións distintas. Serán relatorios ilustrados con imaxes das súas obras, e cargo dos protagonistas, profesionais que podemos ver como continuadores, no século XX e XXI, de Alejandro Rodríguez Sesmero, o grande arquitecto da Pontevedra do século XIX. Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda
Conferencia de Manuel Bouzas
Manuel Bouzas Conferencia de Manuel Bouzas Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto Manuel Bouzas dentro do ciclo A estirpe de Sesmero. O acto terá lugar o vindeiro mércores 13 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. Manuel Bouzas (1993) Traballa a medio camiño entre Pontevedra e Nueva York, onde é profesor na Universidade de Cornell. Recibiu o Premio ROOM Futuro e o Premio Princesa de Girona. En 2025 foi comisario do Pavillón Español na Bienal de Arquitectura de Venecia. Reivindica unha construción ecoloxicamente eficiente e o uso preferente dos materiais da contorna onde se radican as obras. Sobre o ciclo A estirpe de Sesmero Propoñemos tres citas monográficas sobre a traxectoria e proxección, mesmo de alcance internacional, de tres figuras da arquitectura con selo pontevedrés, pertencentes a tres xeracións distintas. Serán relatorios ilustrados con imaxes das súas obras, e cargo dos protagonistas, profesionais que podemos ver como continuadores, no século XX e XXI, de Alejandro Rodríguez Sesmero, o grande arquitecto da Pontevedra do século XIX. Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda
Conferencia de César Portela
César Portela Conferencia de César Portela Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto César Portela dentro do ciclo A estirpe de Sesmero. O acto terá lugar o vindeiro mércores 27 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. César Portela (1937) A figura máis relevante da escena arquitectónica pontevedresa e galega das últimas seis décadas. Conta con obra en toda España, Xapón, Venezuela ou Exipto, e premios como o Nacional de Arquitectura, o europeo Philippe Rothier ou o European urban and Regional planning do Consello de Europa. Compartiu proxectos con Aldo Rossi, Arata Isozaki ou Ricardo Bofill. Sobre o ciclo A estirpe de Sesmero Propoñemos tres citas monográficas sobre a traxectoria e proxección, mesmo de alcance internacional, de tres figuras da arquitectura con selo pontevedrés, pertencentes a tres xeracións distintas. Serán relatorios ilustrados con imaxes das súas obras, e cargo dos protagonistas, profesionais que podemos ver como continuadores, no século XX e XXI, de Alejandro Rodríguez Sesmero, o grande arquitecto da Pontevedra do século XIX. Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda