Relatorio: “Habitar e imaxinar a cidade: espazo urbano e construción cultural” de María López Sández

Habitar e imaxinar a cidade: espazo urbano e construción cultural Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio “Habitar e imaxinar a cidade: espazo urbano e construción cultural“ da escritora María López Sández dentro do ciclo Seis décadas do noso Ateneo. O acto terá lugar o vindeiro mércores 25 de novembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. O relatorio As cidades son lugares de encontro, intercambio e creación, pero tamén espazos de memoria, conflito e pertenza. A súa vida cultural nace das relacións entre persoas, institucións e lugares, e dos relatos e imaxes que lles outorgan significado. O relatorio explorará esa relación de dobre dirección: como a cidade contribúe á construción da cultura e como a cultura transforma a nosa maneira de entender e habitar a cidade. A partir dunha reflexión teórica sobre o espazo urbano como realidade social e simbólica, abordarase o papel da literatura na configuración dos imaxinarios colectivos. Prestarase especial atención ao caso galego, ás tensións entre o rural e o urbano e á asociación da cidade coas aspiracións de modernidade. O percorrido deterase en Pontevedra, coa evocación literaria da cidade en Xoán Manuel Pintos como punto de partida para pensar os vínculos entre lingua, memoria e espazo compartido. Proponse, así, unha lectura da cidade como creación colectiva, aberta á pluralidade de voces que a habitan e a narran. María López Sández É escritora, profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela, académica de número da Real Academia Galega e directora da revista Grial. Doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, unha das súas principais liñas de investigación é a relación entre literatura, paisaxe e identidade, con especial atención á construción dos imaxinarios rurais e urbanos. É autora de Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007, e de diversos estudos sobre a representación literaria do espazo. Dedicou tamén a esta temática o seu discurso de ingreso na RAG, Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego. Sobre o ciclo 60 anos do noso Ateneo O 18 de novembro de 1965 o Ateneo de Pontevedra celebraba a súa sesión inaugural coa presenza do escritor romanés Vintila Horia. Nacía así o primeiro Ateneo de Galicia coa vocación de fomentar diferentes actividades culturais. Sesenta anos despois, o Ateneo organiza unha serie de actividades para conmemorar o seu inicio. Colabora IES Valle-Inclán volver á axenda

Relatorio: “Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso” de Ramón Rozas

Ateneo de Pontevedra Seis décadas de pensamento e compromiso Data Hora20:00 h Lugar (rúa Padre Amoedo, 1) Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio “Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso” do xornalista cultural Ramón Rozas, dentro do ciclo Seis décadas do noso Ateneo. O acto terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro ás 20:00 horas no Arquivo Provincial de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 1). A entrada é libre ata completar capacidade. Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso O xornalista cultural de Diario de Pontevedra e secretario do Ateneo, Ramón Rozas, presenta o relatorio titulado ‘Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso‘ onde se percorre o vizoso tempo de vida do Ateneo de Pontevedra dende a constitución da súa primeira Xunta Directiva, un 18 de novembro de 1966. Unha pequena palestra na que o xornalista realizará un itinerario pola historia do Ateneo pontevedrés a través do tempo e no que numerosos veciños desta vila e convidados pasaron a formar parte dunha historia que é a do compromiso coa cultura e de promover o diálogo na nosa sociedade. O acto servirá tamén como presentación do libro do xornalista, de próxima publicación e que leva o mesmo título do relatorio. Ramón Rozas Licenciado en Historia da Arte por a USC, compaxina a súa actividade profesional en Diario de Pontevedra co comisariado artístico e a participación en catálogos e publicacións culturais. É tamén membro do Consello da Cultura Galega na sección de creación e artes visuais contemporáneas. No 2026 formou parte do xurado do Premio Nacional de Narrativa. Sobre o ciclo 60 anos do noso Ateneo O 18 de novembro de 1965 o Ateneo de Pontevedra celebraba a súa sesión inaugural coa presenza do escritor romanés Vintila Horia. Nacía así o primeiro Ateneo de Galicia coa vocación de fomentar diferentes actividades culturais. Sesenta anos despois, o Ateneo organiza unha serie de actividades para conmemorar o seu inicio. Colabora Deputación de Pontevedra  volver á axenda

Síguenos nas nosas redes: