Os heroísmos descoñecidos da Revolución dos Caraveis
Os heroísmos descoñecidos da Revolución dos Caraveis Conferencia de Tereixa Constenla Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Os heroísmos descoñecidos da Revolución dos Caraveis” da xornalista Tereixa Constenla dentro do ciclo 25 de abril, sempre. O acto terá lugar o vindeiro xoves 23 de abril ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal). A entrada é libre ata completar capacidade. Tereixa Constenla Tereixa Constenla naceu en Arca, unha aldea da Estrada, en 1968. Foi correspondente de El País en Lisboa entre xullo de 2021 e febreiro de 2026. En 2021 publicou Cuaderno de urgencias, un libro autobiográfico de amor e dó. Dedicou á revolución portuguesa, no seu cincuenta aniversario, a crónica histórica Abril é un país (2024, Kalandraka, en galego e en portugués; e Tusquets en castelán). Sobre o ciclo 25 de abril, sempre Como en anos anteriores, o Ateneo de Pontevedra invita aos pontevedreses a volver os ollos á cultura e sociedade de Portugal, traendo ata nós o testemuño de cronistas e escritores portugueses. Asemade, lémbrase a Revolución dos Cravos cunha tarde festiva arredor da canción de José Afonso que serviu como sinal de arranque para que o Movemento das Forzas Armadas lánzase o operativo que desembocou na remuda política dunha ditadura á democracia. Colabora volver á axenda
Concerto: “Lembrando o Zeca, cantando o Grândola”
Lembrando o Zeca, cantando o Grândola Concerto “Lembrando o Zeca, cantando o Grândola” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra, dentro do ciclo 25 de abril, sempre, organiza o concerto “Lembrando o Zeca, cantando o Grândola” do grupo Loaira onde interpretarán un repertorio portugués e cantata popular. O acto terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril ás 19:30 horas, no Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira). A entrada é libre ata completar capacidade. Loaira Para este concerto realizarase unha intervención de cinco ou seis temas, cun fío condutor arredor da obra de Xosé Afonso, sendo Grândola, Vila Morena o eixo central do repertorio. A proposta busca artellar unha pequena viaxe musical arredor do universo de Zeca, cun enfoque coidado e emotivo. A formación está composta por: – Uxía Cribeiro (voz e percusión) – Lola de Ribeira (voz e percusión) – Iván Abal (zanfona) – Álvaro Cardalda (acordeón e teclados) – Miguel Fraguas (percusións) Sobre o ciclo 25 de abril, sempre Como en anos anteriores, o Ateneo de Pontevedra invita aos pontevedreses a volver os ollos á cultura e sociedade de Portugal, traendo ata nós o testemuño de cronistas e escritores portugueses. Asemade, lémbrase a Revolución dos Cravos cunha tarde festiva arredor da canción de José Afonso que serviu como sinal de arranque para que o Movemento das Forzas Armadas lánzase o operativo que desembocou na remuda política dunha ditadura á democracia. Colabora Concello de Pontevedra volver á axenda