O artigo 47 da Constitución recoñece o dereito fundamental de todos os españois a desfrutar dunha vivenda digna e axeitada, obrigando os poderes públicos a promover as condicións necesarias para facelo efectivo, regular o uso do solo para evitar especulacións e asegurar a participación comunitaria nas plusvalías urbanísticas. Con todo, os prezos da compra e do aluguer semellan non ter freo e as medidas aprobadas polo Goberno e as comunidades autónomas non acaban de ter un impacto que permita albiscar unha mellora. Así as cousas, as enquisas dos últimos tempos, non só en Galicia e no resto do Estado, senón tamén en gran parte de Europa, revelan que a vivenda é a primeira preocupación para a maioría dos cidadáns e das familias.
É o momento de preguntarse: a vivenda, un dereito ou un imposible?
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.