Begoña Caamaño, o pracer da rebeldía

O Ateneo celebrou as Letras Galegas cun relatorio sobre a autora á que este ano se lle dedica o 17 de maio.

A escritora e profesora Marga do Val ofreceu unha achega á figura de Begoña Caamaño marcada polo seu coñecemento persoal estreito e mais polo estudo e a profunda admiración dunha obra literaria na que a autora de “Circe ou o pracer do azul” e “Morgana en Esmelle” fixo dialogar con nós os mitos da cultura grega e a materia de Bretaña.

Síguenos nas nosas redes: