Arquitectura circular

O arquitecto pontevedrés Manuel Bouzas foi quen deu inicio, nunha Casa das Campás chea de xente, ao Ciclo ‘A estirpe de Sesmero‘, que se prolongará durante os días 13 e 20 de maio coas respectivas palestras dos tamén arquitectos Mauro Lomba e César Portela, establecendo unha clara conexión co legado de quen marcou a fisionomía da cidade na segunda metade do século XIX.

O propio Mauro Lomba calificou no turno de preguntas a intervención de Manuel Bouzas como de “lúcida e fresca” nunha áxil e visual descripción do que supón para el a arquitectura, entendéndoa como un proceso que afecta no só á propia materializacións dos seus proxectos, senón ao coñecemento do que acontece antes e despois, isto é, nos procesos de extración e traballo coas materias primas, así como o que acontece con eses materiais unha vez remate o tempo de estadía dunhas obras marcadas polo seu carácter efémero.

Valencia, Roma ou Braga, xunto coa aclamada intervención na Feira ARCO de Madrid, coa creación dun espazo no que se empregaron madeiras afectadas polos incendios que sufriu Galicia no pasado verán, xunto coa súa intervención a carón de Roi Salgueiro no Pavillón de Arquitectura de España na Bienal de Venecia, serviron para entender a través dunha sucesión de imaxes a lectura do territorio que fai o arquitecto e a necesaria vinculación cos materiais e formas que marcan eses espazos para desenvolver uns proxectos marcados pola sustentabilidade, sendo parte dun proceso de traballo circular que xorde da natureza e remata regresando a ela.

 

Fotos: Jacinto Barallobre

Síguenos nas nosas redes: