


Coa presenza de Javier Burón, avogado, consultor, e cunha longa experiencia ocupando cargos de xestión da vivenda nos gobernos do País Vasco, Barcelona ou na actualidade en Navarra, deu comezo o ciclo que o Ateneo preparou para este mes, achegándose a unha das grandes preocupacións no noso presente, como é o problema da vivenda, e si a súa necesidade é un dereito ou un imposible, poñendo en dúbida mesmo o que consagra a Constitución Española.
No Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal e despois da presentación a cargo do presidente do Ateneo, Luís Rei, Javier Burón desenvolveu unha detida charla amosando cal é a situación actual do parque de vivendas en España e as necesidades que reclama a cidadanía. A través dunha serie de imaxes moi reveladoras e con numerosos datos, puxéronse ante os presentes as diferentes ferramentas que as distintas administracións teñen nas súas mans para que esa necesidade de vivenda protexida poida converterse nunha realidade que precisa da intervención de diferentes axentes que lonxe de politizacións e ideoloxías teñen que ter a valentía suficiente para afrontar unha política de vivenda a longo prazo e cunha maior inversión económica.
Ao remate das súas palabras abriuse un periodo de intervencións e preguntas por parte do público que foi moi participativo, con numerosas cuestións dende as que Javier Burón, continuou amosando o seu coñecemento da situación da vivenda en España, reflectindo a preocupación que neste momento dende diferentes estamentos, profesionais, inquilinos… ten lugar nunha sociedade conmocionada, como se pudo comprobar onte cando no medio do acto os presentes coñecimos a tráxica noticia do pasamento de Maricarmen, a muller desafiuzada da súa vivenda en Madrid, e convertida xa nun símbolo desta catarse que estamos a vivir na sociedade.
Podes descargar aquí a copia da presentación de Javier Burón:
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.