25 de abril, sempre

Cun memorable concerto de Loaira, titulado “Lembrando o Zeca, cantando o Grândola“, o Ateneo pechou o seu ciclo “25 de abril, sempre” deste ano.

No 52 aniversario da Revolución dos Caraveis, e no 50 da aprobación da Constitución portuguesa, a música de José Afonso volveu servir para irmandarnos cos nosos veciños do sur.

A banda composta polas cantantes Lola de Ribeira e Uxía Cribeiro, máis Miguel Fraguas, Iván Abal e Álvaro Cardalda, interpretou algunas das pezas máis coñecidas de Afonso, como “Milho verde” ou “Venhan mais cinco”, e dirixiu a cantata do Grândola (a canción que en 1974 puxo en marcha o reloxo da mudanza de réxime político en Portugal), por todos os asistentes, primeiro no pazo de Mugartegui e logo na praza da Pedreira.

Síguenos nas nosas redes: